Programa “Fórmate na Empresa”
O programa Fórmate na Empresa, promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Amigó, está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos que non se atopen estudando nin traballando.
Este programa ofrece a posibilidade de realizar estadías formativas remuneradas en empresas de sectores estratéxicos, entre eles o tecnolóxico, cunha duración de entre 3 e 4 meses. As persoas participantes contarán cunha bolsa mensual mínima de 690,66 €, incrementada con 100 € adicionais por desprazamento.
Entre as vantaxes do programa destacan:
- Experiencia profesional real en empresa
- Formación complementaria (mínimo 20 horas) en competencias para o emprego
- Titorización individualizada durante a estadía
- Mellora do currículo e da empregabilidade
- Posibilidade de incorporación laboral ao finalizar as prácticas
Unha das empresas participantes é unha multinacional do sector tecnolóxico, que podería ofrecer continuidade laboral tras a finalización das prácticas.
Os perfís demandados inclúen titulacións universitarias en:
- Enxeñaría Informática
- Ciencia de Datos
- Análise de Datos
- Intelixencia Artificial ou áreas afíns
Para participar, é necesario cumprir os seguintes requisitos:
- Ter entre 18 e 30 anos
- Estar empadroado/a en Galicia (mínimo 1 ano)
- Estar inscrito/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
Máis información dispoñible en:
👉 https://xuventude.xunta.gal/es/programas-c/formate-na-empresa






