Dende o curso 2017-2018 o seguimento das titulacións do centro faise de forma conxunta, nunha avaliación institucional.
Dado que o centro conta coa acreditación institucional, de acordo co último manual do SGIC, anualmente a Comisión de Garantía de Calidade leva a cabo un autoinforme de seguimento do Centro e propón accións de mellora.
A información necesaria para o seguimento dos títulos atópase fundamentalmente en dúas localizacións:
O portal de estudos da UDC (enlace) que mantén información actualizada sobre a descrición dos estudos e o seu plan formativo, acceso e admisión, perfís de ingreso e egreso, orientación a estudantes, e resultados obtidos. É a web que recomendamos para a busca de información para futuros estudantes das titulacións da FIC.
As páxinas web propias de cada título, no caso dos másteres, ou a web da FIC para os títulos de grao, que ten información do día a día das titulacións, como calendarios e horarios, datas e formularios para procedementos relacionados cos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster, así como as prácticas en empresa, datas de charlas e actividades de orientación, etc.
A continuación atópanse as ligazóns correspondentes a cada título: