AVALIEMOS 2025/26

Últimos días para participar en las enquisas AVALIEMOS 2025/26

O período de participación nas enquisas AVALIEMOS das materias do 2º cuadrimestre e das materias anuais do curso 2025/26 continúa aberto ata o vindeiro 15 de xuño.

Desde a Facultade de Informática da Universidade da Coruña queremos animar a todo o estudantado a participar nesta iniciativa, que constitúe unha ferramenta fundamental para coñecer a súa opinión sobre a docencia recibida e contribuír á mellora continua da calidade das titulacións.

As enquisas permiten valorar distintos aspectos das materias cursadas e inclúen tamén espazos abertos para realizar comentarios e achegas que poden resultar especialmente útiles para detectar puntos fortes e oportunidades de mellora.

Participar ten premio

Co obxectivo de fomentar a participación do estudantado, a UDC anunciou recentemente os incentivos que se sortearán entre as persoas participantes unha vez finalizado o período de enquisas.

Toda a información sobre os premios e incentivos pode consultarse na publicación da UDC Participar en AVALIEMOS ten premio.

Como participar

As enquisas poden cubrirse a través da plataforma académica da UDC: https://www.udc.es/avaliemos/

A túa opinión conta

A participación do estudantado é esencial para seguir mellorando a calidade da docencia e das titulacións da FIC. Se aínda non cubriches as túas enquisas, este é o momento de facelo.

Participa antes do 15 de xuño e axúdanos a construír unha facultade mellor para todos e todas.