5ª edición do HPE CDS Tech Challenge: competición internacional de talento tecnolóxico
A Facultade de Informática da UDC súmase á difusión da 5ª edición do HPE CDS Tech Challenge, a maior celebrada ata a data e que, por primeira vez, organízase de maneira conxunta en España, Colombia e México.
Baixo o lema “A Alianza HPE GreenLake: Intelixencia Urbana Conectada”, os participantes poderán:
- Resolver retos en liña nun Escape Room Tecnolóxico con probas de programación, algoritmia, criptografía, infraestrutura, bases de datos e máis.
- Desenvolver un proxecto innovador na segunda fase, cunha proba de concepto que dea solución a un desafío global.
- Clasificarse para a gran final presencial en Madrid (abril 2026), na que os mellores equipos competirán nun hackathon de 25 horas.
🎁 Ademais de premios tecnolóxicos, o concurso ofrece a oportunidade de vivir unha experiencia internacional que conecta formación, innovación e futuro profesional.
👉 Inscricións xa abertas (prazas limitadas): Más información na web oficial