Seguimento e acreditación institucional do centro
Dende o curso 17/18 o seguimento das titulacións do centro faise de forma conxunta, nunha avaliación institucional.
Información pública para o seguimento dos títulos
A información necesaria para o seguimento dos títulos encóntrase fundamentalmente en dúas localizacións:
- O portal de estudos da UDC (enlace) que mantén información actualizada sobre a descripción dos estudos e o seu plan formativo, acceso e admisión, perfiles de ingreso e egreso, orientación a estudantes, e resultados obtidos. É a web que recomendamos para búsqueda de información a futuros estudantes de titulacións da FIC.
- As páxinas web propias de cada título, no caso dos mestrados, ou a web da FIC para os títulos de grao, que teñen información do día a día das titulacións, como calendarios e horarios, datas e formularios para procedementos relacionados cos Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster, así como as prácticas en empresa, datas de charlas e actividades de orientación, etc...
A continuación encóntranse os enlaces correspondentes a cada título:
- Grao en Enxeñaría Informática
- Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos
- Mestrado Universitario en Enxeñaría Informática
- Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde
- Mestrado Interuniversitario en Ciberseguridad
- Mestrado Interuniversitario en Computación de Altas Prestacións/High Performance Computing
- Mestrado Interuniversitario en Intelixencia Artificial
- Mestrado Interuniversitario en Matemática Industrial
- Mestrado Interuniversitario en Técnicas Estadísticas
- Mestrado Interuniversitario en Visión por Computador/Computer Vision